Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Ao longo do mes de xaneiro realizamos diferentes actividades para preparar a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Elaboramos con ilusión a decoración dunha árbore e diversas composicións plásticas; traballamos con cancións, contos, poemas e textos dramáticos relacionados coa tolerancia, o respecto, a solidariedade, a convivencia pacífica, os Dereitos Humanos e o rexeitamento de calquera tipo de violencia e sumamos bos desexos e ideas para fomentar unha cultura de non violencia e de paz.

“Cantarola dos nenos”

Amiguiños todos

amiguiños xa,

os nenos de aquí

e os nenos de alá.

Os nenos do mundo

todos a cantar

a unha mesma voz

collidos da man.

Cantarola nosa

de amor e de paz,

leda cantarola,

ledo rebuldar.

Rolda de sorrisos

dende mar a mar,

corazóns abertos

ollos de amigar.

Amiguiños todos

amiguiños xa

os nenos de aquí

e os nenos de alá.

Xosé Neira Vilas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies