Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Parlamento Xove 2016. ¡NORABOA!

Clara, Irina, César, Pablo, NORABOA

Clara, Irina, César, Pablo: PARABÉNS!!

A fase final da VII edición do Parlamento Xove tivo lugar o venres 15 e o sábado 16 en Santiago. O equipo de debate do noso centro, formado por César, Clara, Irina e Pablo, de 4º da ESO,  conseguiu chegar ás semifinais do torneo. Un magnífico resultado que fai xustiza ao traballo feito por eles e ao altísimo nivel que demostraron como oradores e tamén, moi importante, como equipo. O equipo ao que nos enfrontamos no debate de cuartos de final celebrado no Hotel Hesperia Peregrino, foi o IES Monte Castelo de Burela e na semifinal, celebrada no Parlamento de Galicia, o equipo oponente foi o da CPR Sagrada Familia de Vilagarcía, equipos os dous que amosaron tamén á hora de debater sobre o tema proposto, “O machismo adolescente segue presente na nosa cultura?”, un nivel moi alto de preparación e de destreza. O equipo vencedor na categoría da ESO foi o “Becerreá 1”, do IES Becerreá, de Lugo.

Pasaron os días, as semanas, o tempo de preparación, un tempo para investigar, escribir, reescribir, ensaiar, debater, de novo debater, buscar exordios, datos, citas, preguntar, escoitar… e despois de todo isto só nos resta dicir que estamos moi orgullosos dos nosos rapaces e rapazas e moi satisfeitos porque esta experiencia resultou ser para todos unha grande aprendizaxe.

Parlaxove1

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies