Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Tempo de espantallos

Para celebrar o Día das Letras Galegas léronse textos do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero e, como facemos todos os anos, tamén doutros autores e autoras que escriben en galego. Neste curso as lecturas foron por videoconferencia e viñeron con sorpresas.

En 1º e 2º de Primaria o alumnado recibiu unha encarga a través dun post publicado no blog de curso: facer unha composición plástica representando un espantallo cos brazos estendidos, sombreiro, sen gravata e amigo dos paxaros. Podían inspirarse na canción O espantallo divertido (Pan de millo – Migallas Teatro). Os traballos estarían preparados para as videoconferencias das Letras Galegas, pero manteríanse escondidos ata que houbese algún sinal.

Chegou o momento das videoconferencias e comezaron as sorpresas. Daniela e Vanessa, dúas compañeiras de ESO, conectáronse para recitar un poema de Ana Mª Fernández titulado, “casualmente”, Espantallo. Cando remataron, a sorpresa recibírona elas, pois o alumnado sacou os seus fermosos espantallos que ben valerían para ilustralo. Que momento tan emocionante!

Grazas a todos e todas polos vosos debuxos, pinturas e colaxes deses espantallos tan divertidos!

Moitas grazas a Daniela e Vanessa, que tamén repartiron sorpresas polos outros cursos de Primaria e Infantil con poemas de Ana Mª Fernández e Xosé Neira Vilas.

 “Mais aí como o ves,

tan erguido e calado,

ten moreas de amigos

entre os corvos alados

e recita poemas

nos eidos sementados”

(Fragmento de Espantallo, de Ana Mª Fernández)

O espantallo divertido (Pan de millo – Migallas Teatro): http://www.kalandraka.tv/es/video/espantallo

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies