23 de febreiro, poemas para Rosalía no Teatro Principal
O pasado luns, 23 de febreiro, participamos no recital polo Día de Rosalía no Teatro Principal da Estrada; nese acto Julián e Mateo, de 2º da ESO e Violeta, de 1º, recitaron os poemas “Tecín soa a miña tea”, pertencente a Follas novas, e “Cando a luniña aparece”, incluído en Cantares gallegos.
Ao remate do acto proxectouse un vídeo sobre a vida e obra da autora que contou coa participación das Escolas de Educación Infantil do concello. Foi unha fermosa homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura a través dunha figura tan emblemática como Rosalía de Castro

