5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes
O 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia desenvolvendo diversas actividades nas aulas e, entre elas, a actividade solidaria correspondente á 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes, unha iniciativa da Fundació La Nineta dels Ulls que ten como obxectivo dar a coñecer o retinoblastoma e promover a inclusión de todos os nenos e nenas nas aulas.
Recibimos unha carta dos Superheroes da Inclusión, Nil, Lúa, Pau e Mar, na que nos convidaron a imaxinar como serán as superheroínas do futuro, traballando valores como a inclusión, a equidade, o respecto ás diferenzas e a cooperación.
Máis información sobre o retinoblastoma e a Fundació La Nineta dels Ulls:
https://fundaciolaninetadelsulls.org/


