A Festa da Natureza
O pasado 31 de maio celebramos a Festa da Natureza. A festa albergou as actividades propostas polos profesores, unha exposición sobre as árbores do noso centro, e a parte deportiva, como sempre, cos torneos de fútbol, baloncesto e o clásico de penaltis.
As actividades foron catro e cada un de nós tivo que apuntarse nunha delas: trekking, que consistiu en ir por rutas polo monte, formas (neste caso construíuse unha casa pequena de madeira), pintura (pintamos dúas árbores do centro) e documental (elaboramos un documental sobre distintos elementos da natureza do centro).
Despois das actividades foi o momento do xantar ao aire libre, para o cal levamos a comida da casa.
Tamén aproveitamos para saber algo máis das árbores que vemos cada día no noso centro; cada curso realizou unha exposición sobre unha árbore e os demais puidemos aprender cousas sobre a súa historia e orixe, os usos, as pragas, as enfermidades, etc.
Pola tarde, o clásico torneo de penaltis abriu a sesión deportiva, despois seguirían os de fútbol e o de baloncesto.
En xeral foi unha boa xornada ao aire libre, un día no que puidemos aprender cousas novas e tamén a crear a experimentar, un día no que xogamos e competimos pero principalmente un día no que estivemos todos en en contacto coa natureza.


