Acto de graduación de 4º de ESO
O pasado 19 de xuño celebrouse o Acto de Graduación de 4º de ESO. Tres alumnos encargáronse do discurso inicial en representación dos seus compañeiros. Tamén interviron na despedida a directora, o xefe de estudos e o pai dunha alumna, en representación das familias. Tras un emotivo vídeo da traxectoria dos alumnos no colexio, fíxose a tradicional entrega de diplomas de graduación. O acto finalizou coa degustación duns pinchos e a sesión de fotos cos homenaxeados.










