Unha morea de libros!
Este curso en 2º EP desfrutamos moito coas actividades de lectura en clase, na biblioteca e ata no patio. Gustounos especialmente compartir os nosos libros favoritos cos demais ao longo de todo o curso, intercambialos e realizar composicións plásticas cos personaxes que máis nos gustan.
A final de curso xuntamos todos os libros que trouxemos no 3º trimestre e fíxonos moita ilusión ver canto leramos.
Entre esta morea de libros seguro que atopas algún que che enganche no verán. Escolle o teu libro e desfruta de mil viaxes imaxinarias!









