Aprendendo a facer xabón

Os alumnos e alumnas da ESO puidemos desfrutar coa presenza e coa ensinanza de Pilar Riveiro López, que nos amosou como crear xabóns de forma artesanal. Os obradoiros de saponificación, que así se chama o proceso de elaboración do xabón caseiro, constaron de dúas fases: na primeira fase houbo unha presentación sobre os contidos teóricos máis relevantes e logo, na segunda ¡mans á obra!
En 1º e 2º de ESO elaboramos o clásico xabón de Castela con sosa e aceite de oliva, mentres que en terceiro e cuarto o proceso foi máis elaborado incluíndo aceite de coco, cacao, rosa mosqueta…
Grazas. Pilar, pola túa visita, e polo taller, tan didáctico e ameno!
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/
[ ids=”8535,8536,8537,8538,8539,8540,8541,8542,8543,8544,8545,8546,8547,8548,8549″ orderby=”rand”]
