Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Benvidos ao curso 2012-13

 

ÁS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E  E. PRIMARIA

Queridas familias, desexando que tiverades un bo verán, invitámosvos a participar na FESTA DE BENVIDA que se celebrará o mércores, día 12 de setembro, nas Instalacións Deportivas do Colexio.

HORARIO DA FESTA DE BENVIDA

Os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria terán que estar no Centro de E. Infantil e Primaria no seguinte horario:

E.I.: 10h. – 12.30h.

E.P.: 10h. – 13h.

Os pais e nais dos nenos de 3 anos poderedes acompañalos no autobús e o resto dos pais que desexedes asistir poderedes achegarvos ás Instalaciones Deportivas cando queirades.

HORARIO DE SETEMBRO (a partir do día 13 inclusive)

E.I e  E.P.:  9h. – 14h.

* os alumnos/as de 3 anos terán un periodo de adaptación ata o 21 de setembro:

entrada flexible  9h. – 10h.

saida flexible 13h. – 14h

PLAN MADRUGA E COMEDOR ESCOLAR

Comezará  o xoves, 13 de Setembro

Para utilizar este servizo deberán de  anotarse na secretaría.

ÁS FAMILIAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

O luns 17 de setembro damos a Benvida ao Curso Escolar 2012-2013, con actividades de 10:00 a 13:00.

A continuación, indicamos outros detalles prácticos do curso.

Horario de Setembro e Xuño

Xornada única de 9:00 a 14:00

Horario de Outubro a Maio

Mañás: de 9:00 a 13:30

Tardes: de Luns a Xoves de 15:00 a 17:30 (Mércores asistencia voluntaria)

Apertura do Colexio

O Centro da ESO abrirá ás 8:30 de luns a venres.

Comedor Escolar

Comezará o 17 de setembro e funcionará todos os días da semana.

Transporte

Mañás: Saída da parada da Rotonda Avda Cultura ás 8:40.

Saída do Centro de ESO ás 13:35

Tardes: Saída da parada da Rotonda Avda Cultura ás 14:40.

Saída do Centro ESO ás 17:35

O 17 de setembro comezará o recorrido ás 9:40 na parada da Rotonda Avda Cultura.

Paradas:

Porta do Sol – Praza Galicia (Farola) – Avda Benito Vigo (Mesón Chao) –

Avda Benito Vigo (A Bodeguiña) – Avda Santiago (Ambulatorio) –

Avda Santiago (Rotonda Avda Cultura)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies