Charla-coloquio de ex-parlamentarios do Parlamento de Galicia
O mércores 18 de marzo celebramos no centro, un ano máis, a actividade da charla-coloquio con ex-deputados do Parlamento de Galicia. O ex-deputados Xesús Palmou Lorenzo, Xulio Xosé Pardellas de Blas e Xesús Veiga Buxán viñeron ata o noso centro para achegarlle ao alumnado o funcionamento do Parlamento e o traballo político que se desenvolve nos plenos e nas comisións desa institución. Os convidados compartiron con nós as súas experiencias e reflexionaron sobre a importancia da política na vida diaria e sobre temas de actualidade. Tampouco faltaron as preguntas por parte do alumnado, ben interesantes e para as cales o tempo quedou escaso.

