Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Charla-coloquio de exparlamentarios

O pasado mércores, 4 de decembro, tivemos unha ano máis unha actividade promovida polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/-as. Foi unha charla-coloquio na que participaron os exdiputados Xesús Palmou Lorenzo (PPdG), Pablo García García (PSdeG-PSOE) e Xesús Veiga Buxán (BNG) e que tivo como principal obxectivo que o noso alumnado coñecese de primeira man o traballo que se leva a cabo no Parlamento de Galicia.

Deste modo, os exparlamentarios falaron da súa propia experiencia como deputados, reflexionaron sobre o mundo da política e a súa incidencia na vida dos cidadáns e achegaron un visión histórica das institucións políticas en Galicia. A charla completouse cunha proxección audiovisual que procurou ofrecer un percorrido pola principal institución política de Galicia, o Parlamento de Galicia.

A visita na prensa

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies