Charla sobre a xestión de residuos na Estrada
O 30 de maio Carmela e Julián estiveron no noso colexio para facer unha actividade co alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria no marco da “Campaña de sensibilización á veciñanza do Concello da Estrada sobre a xestión de residuos”, ideada para reducir a pegada ecolóxica do concello. Primeiro tivemos unha charla e, a continuación, un xogo de clasificación de residuos.













