Clases sen fume
Un ano máis o alumnado de 1ºESO animámonos a participar en “Clases sen fume”, un Programa-Concurso incluído no Plan Proxecta da Consellería de Educación e dinamizado pola Consellería de Sanidade. Os obxectivos principais de dita actividade son a prevención do inicio do consumo do tabaco e a promoción de hábitos saudables. Nesta primeira parte da actividade tivemos que elaborar un lema orixinal e positivo sobre a prevención do tabaquismo. Unha vez enviado o elixido para representarnos, só nos queda agardar… e seguir participando.
