Clases sen fume…pechando o programa.
Na fase final do Programa “Clases sen fume” o alumnado de 1º da ESO, contando unha vez máis co apoio do profesorado de Ciencias e de Educación Física, retomamos o estudo dos efectos prexudiciais das substancias aditivas sobre o corpo humano, especialmente sobre o aparello respiratorio, ao tempo que reforzamos a importancia da prevención e da adquisición de hábitos saudables para evitar o consumo de produtos nocivos. Un excelente xeito de concluír esta experiencia educativa apostando, unha vez máis, por unha vida libre de malos fumes.
