Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

CONQUISTANDO UN SOÑO

 

Manuel  Blanco Neira remata este curso a súa andaina no noso centro pero para Manu, como o coñecemos todos, este é un ano especial, comeza a facerse realidade o seu soño: xogar ao fútbol de forma profesional.

A súa nai di que Manu naceu cun balón nos pés porque xa dende pequeno a idea de xogar ao fútbol non lle saía da cabeza. Comezou nos infantís do Callobre, logo nas escolas de fútbol base Estrada e neste momento milita no CD Conxo Santiago. Pero foi no mes de outubro cando recibe no seu móbil unha mensaxe do seu adestrador onde o convocan para adestrar coa selección galega sub-16 cando o soño de Manu comeza a facerse realidade.

–Carmen: Manu, sabemos que dende pequeno xogas ao fútbol, pero, de onde che vén esa paixón?

–Manu: Meu pai xogaba ao fútbol e dende moi pequeno meteume o “gusanillo” por este deporte. Miña nai  di que eu xa nacín cun balón nos pés. A verdade que non sei cando empezou pero xogar a fútbol gustoume sempre.

–Lucía: Pola túa idade a categoría á que pertences é a de cadete pero, xogaches algunha vez noutras categorías?

–Manu: Si, en moitas ocasións, tanto agora mesmo como en anos anteriores estiven convocado con outras categorías para xogar distintos torneos.

–Lucía: É por iso que ao longo destes anos tiveches moitos compañeiros de xogo tanto nos equipos nos que xogaches anteriormente como nos que xogas actualmente. Hai algún co que te entendas mellor tanto dentro coma fóra do campo?

–Manu: Sempre me levei  ben con todos e agora mesmo a verdade é que temos un moi bo grupo, todos son boa xente e formamos un bo equipo.

–Carmen: Tes algún referente no mundo do fútbol ao que che gustaría parecerte?

–Manu: Houbo moitos ao longo destes anos pero agora mesmo o meu maior desexo é chegar a ser coma Toni Kroos.

–Carmen: Este desexo comeza a facerse realidade dende o momento en que es convocado pola selección galega. Cres que podes chegar a ser alguén importante no mundo do fútbol?

Manu: Ese é o meu desexo dende pequeno e oxalá que se faga realidade.

Lucía: Seguro que si, Manu. Moitas grazas polo teu tempo e desexámosche que pronto conquistes o teu soño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies