Día das Escritoras
O Día das Escritoras celébrase o luns máis próximo ao 15 de outubro, data da festividade de Santa Teresa de Xesús, unha das grandes figuras literarias do Século de Ouro. A iniciativa xurdiu para facer visible e poñer en valor a obra de escritoras de todas as épocas e xéneros, a miúdo relegadas na historia.
No colexio este curso celebramos o Día das Escritoras con lecturas dunha selección de textos de diversas autoras referentes na literatura infantil.

