DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Arredor do 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, fixemos obradoiros e actividades nas aulas para destacar a importancia da cultura da paz e compartir os nosos desexos dun mundo en paz. Ademais, o día 30 xuntámonos para unir as nosas voces e cantar coa nosa rondalla unha selección de cancións con mensaxes de paz.

