Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Día Internacional da Muller

No colexio traballamos os contidos relacionados coa igualdade e o respecto a todas as persoas ao longo de todo o curso. Ademais, arredor do 8 de marzo desenvólvense actividades que teñen como centro de interese a muller, as mulleres, aquelas que destacaron ou destacan en diferentes campos, como a ciencia, a arte, a literatura… e aquelas que forman parte das nosas vidas e que tanto queremos.

Este curso incluímos entre as actividades algunhas relacionadas coa curtametraxe Eu vou comigo, dirixida por Chelo Loureiro, que pon o foco na prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade a través do traballo da autoestima e o autoconcepto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies