Día Universal da Infancia
O 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia desenvolvendo diversas actividades nas aulas e, entre elas, a actividade solidaria correspondente á 4ª Xornada das Superheroínas e Superheroes, unha iniciativa da Fundació La Nineta dels Ulls co obxectivo de dar a coñecer o retinoblastoma e de promover a inclusión de todos os nenos e nenas nas aulas.
Este curso catro superheroes, Nil, Lúa, Pau e Mar, enviáronnos unha carta e propuxéronnos imaxinar como serán as superheroínas e superheroes do futuro. Tamén nos pediron axuda para que a súa cidade máxica Harmonía e o mundo sexan lugares cheos de aceptación, amizade e alegría.
Máis información sobre o retinoblastoma e a Fundació La Nineta dels Ulls:
https://fundaciolaninetadelsulls.org/






