Excursión a Leitariegos
Os alumnos de sexto de primaria e os alumnos da ESO desfrutaron un ano máis da práctica do esquí cunha excursión á estación invernal de Leitariegos. Moi bo tempo, moita neve e dúas noites de convivencia con todos os compañeiros do colexio. Grazas tamén aos monitores que nos acompañaron nesta fermosa experiencia.

























































