Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Excursión de 1º e 2º EP a Sabucedo e Codeseda

O 21 de maio foi un día moi especial para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria: tocaba excursión!

En liña coas actividades deseñadas este ano no colexio para o proxecto Redescubrindo A Estrada, pertencente ao Proxecto TERRA do Plan Proxecta+, visitamos dúas parroquias do rural da Estrada: Sabucedo e Codeseda. Nelas desenvolvemos a  actividade didáctica “Os tesouros da Estrada”, coa axuda de Xesús, de Tesouros Novos. Xestión Cultural, e fixemos varias rutas para coñecer o rico patrimonio material e inmaterial destes lugares.

En Sabucedo visitamos A Serra do Mestre, unha edificación hidráulica multifuncional (con aserradoiro, muíño e forno) construída a comezos do século XX por Francisco Regueiro Moreira, mestre de Sabucedo. Logo fomos aos curros novo e vello, nos que nos explicaron en que consiste a Rapa das Bestas. Tamén paseamos pola aldea, contemplando as fermosas fotografías desta Festa de Interese Turístico Internacional e descubrindo máis elementos relacionados con esta tradición, ademais da historia e a arquitectura de Sabucedo. Para rematar a mañá, fixemos unha andaina moi divertida polos muíños de Vesacarballa.

Tralo xantar, trasladámonos a Codeseda para visitar a fermosa igrexa románica de San Xurxo, na que comprobamos como as pedras poden falar e contar datos sobre a historia dos edificios. Ademais, descubrimos nela algunhas pegadas do fenómeno das peregrinacións, como os relevos dos Reis Magos e a cuncha de Santiago. Para finalizar, percorremos parte dun tramo do Camiño da Geira ou dos Arrieiros, que no seu trazado entre Braga e Santiago de Compostela atravesa de Sur a Norte o Concello da Estrada.

Que día tan emocionante!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies