Excursión de Fin de Curso 4º de ESO – 2025
O alumnado de 4º de ESO desfrutou dunha marabillosa excursión de fin de curso de cinco días por terras andaluzas. Durante a viaxe, tiveron a oportunidade de coñecer a riqueza histórica e cultural de cidades como Sevilla, Córdoba, Granada e Málaga. En Córdoba visitaron a impresionante Mezquita e o Alcázar dos Reis Cristiáns; en Granada, percorreron a Alhambra e o barrio do Albaicín, e en Málaga achegáronse á figura do pintor universal na Casa Museo de Picasso. As noites pasáronas en Torremolinos, onde tamén houbo momentos para o lecer e a convivencia.
Foron unhas xornadas inesquecibles, cheas de experiencias enriquecedoras, risas e boa compañía. Esta excursión puxo o broche final perfecto a unha etapa chea de aprendizaxes, esforzos e amizades que sen dúbida permanecerán na memoria de todos e todas.






