Fagamos un uso saudable das TIC
Este xoves visitounos D. Ramón Fernández, membro da Garda Civil e colaborador no Plan Director para a Convivencia a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Contornos. Mostrounos os erros que cometemos habitualmente cando manexamos as novas tecnoloxías e internet, e os riscos que corremos como consecuencia delo. Animounos a facer un uso saudable das mesmas e deunos moi bos consellos a ter en conta para acadalo. Unha vez rematada a súa intervención tivemos a oportunidade de aclarar todas as nosas dúbidas sobre o tema…e foron moitas. Gustounos moito a súa boa “conexión”.
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
