Familias, maios e Letras Galegas
O 15 de maio foi un día de moita celebración no colexio:
Os lazos que nos unen ás persoas creando vínculos invisibles, pero que poden ser moi fortes, foron protagonistas no Día das Familias.
O maio de flores cuberto, como di a canción, elaborado con moito agarimo entre todas e todos, alzouse cheo de vivas cores para compartir protagonismo coa escritora Luísa Villalta na Festa dos maios e as Letras Galegas.
As fermosas palabras, os acompasados bailes, o alegre son da nosa rondalla e, sobre todo, as risas dos nenos e as nenas… Agardaremos por outro maio cuberto de flores!






























