Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Festa das Palabras, 2026

O pasado 27 de maio tivo lugar no Teatro Principal da Estrada a décimo terceira edición da Festa das Palabras. O acto, presentado por Nora Diéguez e Artai Fernández, do IES Avelina Valladares e que contou co acompañamento musical de Gloria Pavía e Rafa Morales, foi organizado un ano máis por DINAMIZAESTRADA e serviu para agasallar o alumnado gañador dos microrrelatos e micropoemas deste curso. Os sesenta premiados/-as recolleron cadanseu exemplar  (e no libro un caravel) que reúne os traballos gañadores.

Na edición deste ano o padriño escollido foi Xosé Lueiro Lemos, quen dedicou unhas sentidas palabras ás persoas premiadas e ao numeroso público asistente. En representación do Concello da Estrada, Amalia Goldar, concelleira de Educación, felicitou os gañadores e enxalzou o traballo realizado polos participantes, gañasen ou non. Durante o acto, o colectivo DINAMIZAESTRADA quixo tamén facerlle unha pequena homenaxe á profesora do CEIP Pérez Viondi, María Tato Carbajales, pola súa dedicación e contribución ao proxecto ao longo dos anos.

Aos nosos premiados, Lara Mella Sanmartín, Celia Neira Collazo, Elisa Álvarez Arca, Paula Campos Agrelo, Inés Baños Suárez, Nicolás Rivas Fernández, Carlota Sanmartín Sesar, Alejandra Campos Agrelo, Antón Pernas Cimadevila e Sofía Sánchez Amorim, en hora boa!!!

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies