Festival de Nadal 2023
O 21 de decembro celebramos con moita ilusión un Festival de Nadal diferente, pois estreamos o musical “O noso conto de Nadal”, no que participou o alumnado de E. Infantil, Primaria e ESO. Este musical foi escrito para nós en exclusiva, pensando nas características do noso alumnado, polo recoñecido director de teatro Guillermo Womutt, que realizou unha versión libre de “Cuento de Navidad” de Charles Dickens inspirándose nos bosques galegos e tomando como eixe central a idea de que COMPARTIR É VIVIR.
Guillermo Womutt encargouse tamén de dirixir os ensaios en colaboración co profesorado, a escenografía e posta en escena, facéndonos desfrutar durante varias semanas do proceso de creación desta orixinal e innovadora obra artística integral coa que o colexio se encheu de ilusión.
O musical foi precedido da actuación da rondalla e do sorteo organizado polo alumnado de 3º ESO.






















































































