GRAVANDO GRAVANDO…
Hai uns días gravamos para o programa de televisión que a ESO vai presentar como actividade de achegamento ao mundo do audiovisual, unha actividade que organiza o Concello da Estrada, en colaboración con Dinamizastrada.
Coordinados e dirixidos por Paula Cereixo e por Lucas Terceiro, da produtora Tres ínsuas Audivisuais, o alumnado participante puido ver de primeira man como é o proceso de realización dun programa de televisión, máis complexo do que parece, e mesmo intervir tanto na produción de vídeo como de son. Ademais, eles e elas serán os protagonistas do programa que veremos nas próximas semana e que agora está en fase de edición. Xa falta pouco!!













