III Mostra de Orientación Concello da Estrada
O alumnado de 4ºESO participamos, durante os días 27 e 28 de maio, na III Mostra de Orientación do Concello da Estrada. Tivemos a oportunidade de visitar gran variedade de postos informativos así como de asistir a diversas charlas moi interesantes e participar nalgún que outro obradoiro. Este tipo de iniciativas axúdannos na nosa toma de decisións xa que son unha oportunidade máis para acceder a información que pode ser relevante cara o noso futuro. Sen dúbida unha visita necesaria.






