IV Festa das Palabras
O pasado martes, 6 de xuño, celebrouse no Teatro Principal a IV Festa das Palabras, actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos do concello da Estrada. No acto, que foi apadriñado polo escritor Antonio García Teijeiro, os alumnos galardoados recibiron un exemplar do libro que recompila os textos e os debuxos gañadores desta edición e máis unha flor de agasallo. Entre os debuxos escollidos como ilustracións figuran os de Sara e Sofía, de Educación Infantil.
Pablo, Natalia, Marta, Lucas, Uxía, Valeria, Breogán, Helena, Manuel e Breixo, ¡Parabéns!
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios
