Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Juan Andrés presentounos “Contos para Elliot”

O 11 de abril recibimos no colexio a Juan Andrés Fernández Castro, que tivo un encontro formativo co alumnado de Educación Infantil e Primaria para presentar o seu libro Contos para Elliot, publicado por Edicións Fervenza.

Juan Andrés falounos de recordos da súa etapa escolar, amosounos os seus cadernos, a súa pizarra, os fráxiles pizarriños… e contounos como descubriu a súa paixón pola lectura, algo que máis adiante o axudaría nas súas facetas de mestre, historiador e, por suposto, na de escritor. Leunos fragmentos de dous dos seus libros, Contos para Elliot e  Guendufe o anano, e nós agasallámolo cuns recordos que fixemos con moito agarimo inspirándonos nos seus contos.

Moitas grazas pola visita, Juan Andrés!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies