Ledicia Costas visita o noso Centro
Mañá 16 de marzo, a escritora viguesa Ledicia Costas visitará o noso colexio. Ledicia Costas, autora da novela Unha estrela no vento, obra que vai na 8ª edición, é un nome moi coñecido polo público xuvenil; ademais de prosa ten cultivado tamén a poesía e proba diso son os premios acadados nesta especialidade como o I Premio de Poesía do Concello de Marín ou o I Premio de Poesía da Universidade de Vigo. Recentemente presentou a súa última entrega literaria, Mortos de Ningures, novela negra dirixida ao público infantil e xuvenil.
O acto, que comezará ás 11.50, consistirá nun coloquio cos alumnos a partir dos seus propios textos e a continuación terá lugar un obradoiro de creación literaria no que participará o alumnado de secundaria. Sen dúbida, será unha boa oportunidade para coñecer unhas das voces literarias máis prometedoras e dinámicas da literatura galega actual. E para crear da súa man!.
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog Tablón de Anuncios
http://b-t.colexionslourdes.es/busqueda/
[]
