Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Mary Carmen Ruzo presentounos “Leliña. Un ano na vida de Lela”

O 17 de xuño en 1º, 2º e 3º EP recibimos con moita ilusión a visita da escritora Mary Carmen Ruzo López, avoa da nosa compañeira Lara, que nos presentou o seu libro Leliña. Un ano na vida de Lela.

No encontro formativo con Mary Carmen houbo tempo para repasar algunhas das vivencias máis especiais de Leliña, trasladarse a través da visión desta nena de 6 anos ao seu mundo, a Galicia rural da década dos 60, coñecer o proceso creativo deste libro, facer preguntas e aprender sobre a importancia da lectura, a familia e a amizade.

Moitas grazas, Mary Carmen, por esta visita!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies