O Grande Beethoven – Auditorio de Galicia
O pasado venres 25, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistimos a un concerto didáctico interpretado pola Real Filharmoía de Galicia no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico revolucionario
da historia da música.
Para isto, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por María Camila Barbosa e coa complicidade dos amigos do Serviço Educativo da Casa da Música de Porto, desentrañará algúns pequenos segredos sobre a vida de Beethoven, e tamén como funciona a orquestra sinfónica.







