PARLAMENTO XOVE 2025
O pasado sábado, 15 de marzo, o equipo de debate do noso centro formado por Pablo e Antón, de 3º ESO, e Antía e Julio, de 4º, co profesor Víctor como coordinador, participou na competición de debate académico “Parlamento Xove”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.
A edición deste ano, a décimo sexta, tivo lugar na Residencia de Tempo libre do Carballiño e os 27 equipos participantes tiveron que debater sobre o tema “Compénsalle a Europa apostar pola reindustrialización?”.
Dos tres debates disputados (contra os equipos do SEK Atlántico, de Poio; do IES Río Cabe, de Monforte de Lemos e do IES Sanxillao, de Lugo) o noso equipo gañou o primeiro e o terceiro. Mais esta xornada, alén da faceta competitiva, supuxo, unha vez máis, unha vivencia única pois é facer un alto na rutina do curso e compartir dous días con mozos e mozas de toda Galicia, nun ambiente de compañeirismo, superación e moitísima emoción. Toda unha experiencia.
Antía, Julio, Antón e Pablo, polas ganas que puxestes nesta actividade e polo traballo encomiable que demostrastes, ¡en hora boa¡


