Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Peche do curso con deporte, ledicia e corazón solidario

O colexio dixo adeus ao curso 2025/2026 coa mellor das despedidas: unha xornada chea de movemento, risas e compromiso que reuniu a toda a comunidade educativa nunha celebración moi especial.

A primeira parte do día levounos ao aire libre. O alumnado percorreu os case dous quilómetros que separan o edificio de Infantil e Primaria, na rúa O Cruceiro da Estrada, das instalacións deportivas e do centro de ESO en Santa Baia de Matalobos. Ao longo do camiño, atravesamos a zona deportiva da Estrada e a Barranqueira de Ponte Nova, descubrindo de paso as diferenzas entre o espazo urbano e o rural, e reflexionando sobre o coidado do entorno e a mellora das infraestruturas do noso territorio. Ademais, esta andaina puxo o broche final ao ProxectoTERRA (Plan Proxecta+), un proxecto desenvolvido ao longo de todo o curso en Educación Primaria.

Xa nas instalacións, chegou o punto álxido da xornada coa Carreira Solidaria en colaboración con Save the Children. O entusiasmo do alumnado de Infantil e Primaria e o xeneroso patrocinio das familias fixeron que a iniciativa superase todas as expectativas. Grazas ao compromiso de cada persoa que formou parte desta aventura, conseguimos algo máis que rematar o curso: contribuímos a facer o mundo un pouquiño mellor. MOITAS GRAZAS!

Balonmán, fútbol, datchball e brilé foron algúns dos deportes que seguiron enchendo a mañá de enerxía, xunto con actividades lúdicas como o paracaídas.

Así pechamos este capítulo, co corpo canso, o corazón cheo e un recordo fermoso que levaremos con nós ata o vindeiro setembro.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies