Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Graduación de 4º ESO, promoción 2025 – 2026

O pasado venres, 19 de xuño, celebramos unha das citas máis agardadas do curso para o alumnado de 4º da ESO: a súa graduación. Foi unha tarde chea de emoción, alegría e tamén dun chisco de nostalxia, ao poñer punto final a unha etapa importante das súas vidas e abrir a porta aos novos retos desa etapa que xa chega.

O Salón de Actos do centro converteuse en punto de encontro de familias, profesorado e alumnado, auténtico protagonista da xornada. Entre sorrisos, nervios e moitos recordos compartidos, vivimos un acto ateigado de significado e de emoción.

A celebración comezou coa intervención dos propios alumnos e alumnas, que compartiron reflexións, vivencias e agradecementos. A continuación, tomou a palabra a nosa directora e, posteriormente, chegou a quenda das familias. Os distintos discursos valeron para lembrar momentos especiais vividos ao longo destes anos, para ofrecer consellos de cara ao futuro e para poñer en valor todo o aprendido, tanto dentro como fóra das aulas. Sen dúbida, unha etapa intensa e rica que parece ter pasado voando.

Un dos momentos máis esperados foi a entrega dos diplomas, acompañada dos aplausos, tan gañados e tan cheos de cariño, de todos os asistentes. Tampouco faltaron as fotos, imprescindibles para gardar na memoria unha tarde tan especial.

Como colofón, xa fóra do Salón de Actos, houbo uns deliciosos aperitivos  no comedor do centro preparados polas cociñeiras do colexio, deron un motivo máis para seguir conversando, intercambiar impresións sobre o futuro que nace xa e seguir creando recordos que permanecerán para o tempo.

En hora boa a todos os graduados e graduadas!

Que teñades moita sorte neste novo camiño e que nunca deixedes de aprender, crecer e perseguir aquilo que vos faga felices. O mellor está aínda por chegar!!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies