Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Parlamento Xove – 2026

O pasado sábado,  28 de febreiro, o equipo de debate do noso centro, formado por Zoe, Darina e Lucas, de 3º ESO e Antón, de 4º ESO, baixo a coordinación do profesor Víctor López, participou na competición de debate académico Parlamento Xove, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude.

Esta décimo sétima edición celebrouse, como nos últimos anos, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e reuniu un total de 23 equipos que argumentaron arredor da cuestión: “A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?”

Ao longo da xornada, o noso equipo enfrontouse ao IES Sofía Casanova, de Ferrol; ao IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia e ao IES Río Cabe, de Monforte de Lemos, acadando dúas vitorias nos primeiros debates e un resultado adverso no terceiro. Ao finalo, lograron un merecido 9º posto na clasificación global.

Contan os resultados, por suposto, pero máis alá dos puntos acadados a experiencia do Parlamento Xove foi tamén a de dous días intensos de aprendizaxe, convivencia e intercambio de ideas con mozos e mozas de toda Galicia. Unha experiencia que enriquece tanto no académico como no persoal, fortalece a idea de traballo en equipo e permite desfrutar dunha actividade como debater con ilusión pero tamén con responsabilidade.

Parabéns, Zoe, Darina, Antón e Lucas, polo entusiasmo, pola dedicación e polo excelente traballo realizado tanto na preparación como no día dos debates. Seguide así!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies