Piragüismo Dragón
Xornada deportiva para os alumnos de primeiro coa visita á Federación Galega de Piragüismo no encoro de Pontillón de Castro, en Verducido. Os nosos alumnos puideron desfrutar dunha práctica de piragüismo nos dragóns, unha embarcación de vinte palistas onde tiveron que coordinarse moi ben para dirixir esta embarcación polas augas tranquilas do encoro. Moi divertida experiencia nunha actividade deportiva diferente.











