Proxecto comunicativo “A conferencia” (2º EP)
A finais do 3º trimestre tiveron lugar na aula de 2º de E. Primaria as presentacións das conferencias que con tanto entusiasmo elaborou previamente o alumnado coa axuda das súas familias. Foi unha ocasión para compartir información, conversar sobre o proceso de traballo, facer e contestar preguntas e desfrutar aprendendo dos compañeiros e compañeiras sobre temas moi variados.
PARABÉNS A TODAS E TODOS!
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN!












































