Saída didáctica ao Auditorio de Galicia de 3º e 4º EP
O pasado 21 de marzo fixemos unha saída didáctica ao Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela para ver o concerto didáctico:
PARADE, O CIRCO DOS VALENTES.
Coa Real Filarmonía de Galicia – La Maquiné, Compañía de Teatro Obras de Satie, Stravinski e Poulenc
Coñeceremos a historia do elefantiño Babar que quedou orfo cando unhas persoas o encadearon e levaron a súa nai. Un día o tío Pepe e o pallaso Chochotte rescátano e agora vive libre con eles no Circo dos Valentes. O espectáculo contén valores fundamentais como o respecto e a convivencia cos animais para vivir nun mundo mellor.









