Semana do libro
Unha semana de celebración en torno o libro e a lectura, aínda que para nos, os contos e a lectura é a diario…
Un programa repleto de actividades diferentes e divertidas.
Algunhas para os tres niveis e outras específicas para cada un deles.
LER É… O MELLOR!!!
Os nosos libros favoritos:
4º E. Infantil
5º E. Infantil
6º E. Infantil
Presentamos o nosos contos preferidos e lemos un pouco. Estamos emocionados!


Luns 19:
Lectura no patio de “La leyenda de San Jorge y el dragón”.


4º E. Infantil
5º E. Infantil
6º E. Infantil
Marca páxinas da nosa mascota Munibal e un libro con unhas viñetas de Mafalda. “Un libro es un amigo”

Martes 20:
4º E. Infantil
5º E. Infantil

6º E. Infantil
Pintura do dragón da lenda “San Jorge y el dragón”

Lectura do conto “El ratón Anatol” a cargo de Claudia unha compañeira de secundaria por videoconferencia.

Colgador para a porta.
Mércores 21:
Hoxe o día estivo adicado a Cervantes e a Don Quixote. Vimos varios vídeos, da vida de Cervantes, o capítulo dos muíños (varias versións) e cantamos a canción de “Quijote, Sancho”.
4º E. Infantil
5º E. Infantil
6º E. Infantil
Debuxo de Don Quixote e Sancho.

Todos preciosos!
Fixemos outro marca páxinas de Cervantes con unha cita súa “ÉL QUE LEE MUCHO Y ANDA MUCHO, VE MUCHO Y SABE MUCHO”. Aprendémola de memoria.


Xoves 22:
Hoxe tivemos a sorte de escoitar o conto “baby Brains Superstar” contado dunha maneira moi especial polo teacher Senén. Con moita música, proxectado e por suposto en inglés.


Venres 23:
Para rematar a semana, outra sorpresa no patio. As profes dramatizaron “A horta de Simón”.





4º E. Infantil
6º E. Infantil
Moi contentos por todo o que fixemos o longo desta semana. De premio, como manda a tradición, un libro e unha rosa para todos.


Somos uns artistas debuxando!




































































