Semana do Libro
Durante a Semana do Libro (22-28 abril) compartimos os nosos libros favoritos cos demais, polo que viaxamos grazas ás palabras e ilustracións a diferentes lugares, reais e fantásticos, e coñecemos a personaxes moi interesantes.
Estas recomendacións de libros complementáronse con outras actividades que fixemos en clase arredor do 23 de abril, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.
VIVA A LECTURA!





















