Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Sidraría Peroja, unha saída especial.

A familia Peroja invitounos a coñecer a súa sidraría.

 

SIDRA PEROJA, está nunha antiga casa de labranza, da época da primeira desamortización. Construída por un «indiano» foi escola pública de nenos, onde o mestre tiña tamén pensión.

SIDRA PEROJA, está situada a 340 metros de altitude dende onde existen unhas excelentes vistas do Val do Ulla.

Fai anos na zona producíase tanto viño como sidra, sendo o viño de rango superior e a sidra como bebida de menor valor que se lle daba aos xornaleiros.

Polos anos noventa,  cando  a labranza perdeu peso na zona, decidiuse como iniciativa orixinal e pioneira o cultivo en extensivo da mazá da sidra e no 2010 SIDRERÍA PEROJA comeza a súa andadura facendo sidra para consumo propio, para amigos e para coñecidos que cada vez a demandaban máis. A partires desta demanda  no ano 2014 tras o acondicionamento do local e da maquinaria, obtense o rexistro sanitario e no ano 2016 nace SIDRA PEROJA como tal.

Este, é un resumo das moitísimas cousas que aprendemos. O que mais nos gustou foi o proceso de elaboración da sidra. Do que fomos participes. A visita polas instalacións comparando a maquinaria antiga e a moderna. Saborear o mosto recén espremido.  E coñecer os gatiños e os cans do noso compañeiro Iago. Quedamos encantados e moi agradecidos de tódalas explicacións e atencións recibidas.

Grazas familia Peroja!

A viaxe

A chegada

O largar antiguo e o moderno

O almacén

Elaboración do mosto

Nos tamén participamos

 

O vídeo

A merenda

Os animais de Iago

A tarxeta e a despedida

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies