Solidariedade
No mes de Decembro participamos na recollida de Xoguetes en colaboración con Agadea e tamén coa recollida de alimentos non perecedeiros para entregar a Cáritas. O día da entrega de xoguetes e alimentos veu a encargada de Cáritas e ademáis de agradecernos a nosa colaboración explicounos a quen iban destinadas as nosas aportacións.
Todos os nenos e nenas de infantil e primaria colaboramos na realización dunha árbore de Nadal para mostrar o noso apoio a Fundación Andrea que foi exposto na festa solidaria do 15 de Decembro.


