Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Taller sobre prevención de condutas aditivas

O alumnado de 3º e 4º da ESO tomou parte, o pasado mércores, nunha actividade formativa centrada na prevención de adiccións con e sen substancias, organizada en colaboración co Concello da Estrada.

A sesión foi impartida por Manuel Isorna, doutor en Psicoloxía, master en drogodependencias pola USC e docente universitario, quen desenvolveu, como ven sendo habitual, unha charla participativa, próxima e moi esclarecedora. Ao longo da súa intervención, conseguiu captar a atención do alumnado e trasladarlles unha visión clara sobre os riscos vinculados a determinados hábitos e consumos. Un dos focos estivo posto na importancia de adquirir ferramentas para tomar decisións responsables e fomentar unha actitude crítica ante estas situacións.

Dende o centro expresamos o noso agradecemento pola súa disposición e compromiso, e subliñamos o valor deste tipo de iniciativas na educación e concienciación do noso alumnado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies