Viaxe fin de estudos
“Unha viaxe que nunca esqueceremos”. Esta é a frase que moitos de nós dixemos á volta da nosa Viaxe de fin de estudos. Cinco días nos que convivimos as 24 horas do día pero que se nos fixeron moi curtos. Quedan na nosa memoria Barcelona e a súa emblemática Sagrada Familia, o Pueblo español, as Ramblas, o gótico ou o Palau da música, por exemplo. Tamén o oceanográfico e o casco histórico de Valencia, Salou, o parque de multiaventura e a praia. Non podemos esquecer tampouco o ben que o pasamos en Portaventura, pero sin dúbida ningunha o mellor de todo foi estreitar lazos e facer novos amigos.
Dende logo… unha viaxe para recordar.
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
