Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Visita a Martínez Otero

O pasado 21 de maio o alumnado de 1º e 2º de Primaria viviu unha experiencia única visitando as instalacións de Martínez Otero na Estrada. Descubriu de preto todo o proceso de traballo: dende a atención aos clientes e xestión dos proxectos ata a elaboración, montaxe e distribución dos produtos, sen esquecer as medidas de seguridade e o compromiso co medio ambiente a través de proxectos de reforestación.

O alumnado tamén puido coñecer a historia da empresa e os valores sobre os que se foi construíndo esta empresa da Estrada que conta cunha organización exemplar.

Foi unha visita preparada con moito esmero, na que fomos atendidos de maneira excepcional en todos os departamentos.

Grazas ao equipo de Martínez Otero, tanto ao persoal como á dirección, pola vosa acollida, proximidade e por inspirarnos co voso traballo e compromiso coa calidade.

A day we will never forget! 🙂

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies