Xa chegou o magosto!!!
O mércores día 23 celebramos a xa tradicional festa do magosto.
Actividades como sendeirismo, recollida e posterior clasificación de cogumelos, facer de monitores dos máis pequenos en obradoiros de arte con follas, bonecos con pinzas, xogando cos sentidos… así como en distintos xogos tradicionais , nos que tamén participamos, fixeron deste un día moi especial. Non faltou, por suposto, o tempo para xuntarnos todos e cantar algunhas das máis coñecidas cancións arredor da fogueira e para comer as castañas asadas quentiñas. Pero sobre todo fixemos o que máis nos gusta, disfrutar cos nosos amigos.
Ata o ano que ven, magosto!!!
Para ver a galería de fotos desta entrada ten que acceder ao Antigo Blog E. Secundaria
http://b-s.colexionslourdes.es/busqueda/
[ ids=”6473,6474,6475,6476,6477,6478,6479,6480,6481,6482,6483,6484″]
