As nosas tradicións: o Samaín
Na ESO celebramos unha charla colectiva no Salón de Actos, presentada por varios compañeiros e compañeiras. Co apoio de diapositivas, explicáronnos como distintas culturas viven a morte, os parecidos entre o Samaín e o Halloween e o que acontece noutros lugares nestas datas, como o Día dos Mortos en México ou a celebracón en Irlanda.
Descubrimos que o Samaín é unha tradición galega de orixe celta, na que se lembraban os defuntos e se acendían cabazas para guiar as almas. Esta actividade axudounos a entender mellor o significado da festa, máis alá do medo e do misterio que a rodean ou do uso comercial que ten hoxe en día: unha forma de manter vivas as nosas tradicións e a memoria como pobo.

